#AEDUCACIÓNSOCIALÉESENCIAL

 


BOAS BOAAAS!!...🙋

A nosa andaina polo mundo do Blog comeza hoxe, e de que mellor forma que facéndovos chegar algúns conceptos e contidos chave da nosa futura profesión: EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS.

De seguro que non se poden numerar as veces que vos preguntaron que era ser unha educadora ou educador social, ou cal é a vosa función na comunidade. E non podemos negar que as veces cústanos expresarnos e explicarnos sobre o tema. Por este motivo hoxe vimos a homenaxear e celebrar e cantar ós catro ventos de que vai isto, e o orgullosos e orgullosas que estamos de defender esta profesión. 

As e os educadores/as sociais como ben define o CEESG (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, 2017), "somos profesionais da acción social e educativa comprometidos/as coa transmisión cultural, a mediación social e a xeración de contextos, redes sociais e educativas".

Non debemos esquecer en ningún momento que traballamos con persoas e que polo tanto, a nosa acción baséase nos principios de respeto aos dereitos humanos, da xustiza social e da profesionalidade, baixo o Código Deontolóxico da nosa profesión (CEESG, 2017). 

Dada a ampla variedade de ámbitos nos cales podemos levar a cabo o noso traballo, danse unha serie de funcións profesionais xerais. De entre as diferentes fontes que clasifican estas funcións, escollemos a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), a cal as divide en: 


- Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas e proxectos socioeducativos. 

- Xestión e dirección de institucións e recursos socioeducativos. 

- Desenvolvemento e promoción sociocultural. 

- Mediación social, cultural e educativa.

 - Análise e investigación dos contextos socioeducativos. 

- Formación de axentes de intervención socioeducativa. 


(UNED, s.f.).


SEGUES CON DÚBIDAS ACERCA DA NOSA FUTURA PROFESIÓN?

PREGUNTA E NON TE QUEDES CA MOSCA DETRÁS DA ORELLA!



Comentarios

Entradas populares de este blog

FICHAS BIBLIOGRÁFICAS: PAULO FREIRE #AEDUCACIÓNSOCIALÉESENCIAL

Iniciativas sociais na historia